Vivenda de uso turístico na Ribeira Sacra VUT-OR-000903

Prezos

Duración da estancia Prezo por noite
De 2 a 6 noites 120€ /noite*
Outras estancias consultar por tlf/mail

* Prezo para 2 hóspedes, cada hóspede adicional ten un custo extra de 40€/noite.

Cancelación gratuita ata 10 días antes da data de entrada. Máis información nas condicións de contratación.

Reserva agora a túa estancia en O Souto da Aldea

Contáctanos no teléfono 604 090 147

Estancia mínima 2 noites

A nosa casa está pensada para poder gozar de breves ou longas estancias na marabillosa Ribeira Sacra. Ten todas as comodidades para poder desfrutar dunha casa moderna rodeada de natureza e, por tanto, escoitando soamente os sons que esta nos ofrece, xa que se atopa o suficientemente afastada de bares e tendas para que os nosos hóspedes sexan os únicos turistas da pequena aldea. Os lugares máis próximos para comer ou comprar son: Cristosende a 5,6 km (11 minutos) só restaurante; Parada de Sil a 8,5 km (15 minutos); A Teixeira 7,3 km (14 minutos) e Castro Caldelas a 16 km (29 minutos).

O Souto da Aldea atópase no centro da Ribeira Sacra, en pleno Cañón do Sil. Unha localización privilexiada para visitar tanto a ladeira ourensá como a luguesa, tal como pode observarse na localización que do noso aloxamento ofrece a páxina web do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Extraordinaria páxina con toda a información necesaria para poder planificar a vosa viaxe con anticipación.

Anunciarvos que para chegar á casa a estrada comarcal é sinuosa e estreita, como case todas aquelas que tratan de conservar e protexer os lugares polos que discorren. Por iso, recomendamos, se é posible, chegar de día, xa que a luz do sol permitiranos gozar da impresionante paisaxe, coñecer o precioso val onde se atopa a casa e afastar as posibles incertezas que poden proporcionar aqueles lugares que se descoñecen. Sobre todo en zonas, como a nosa, cuxa formación xeolóxica resulta tan interesante.