Vivenda de uso turístico na Ribeira Sacra VUT-OR-000903

¿QUEN ESTÁ DETRÁS DO PROXECTO?

Nós

Somos catro irmáns que queremos protexer e recuperar o patrimonio dos nosos pais.

Temos unha casa que se mercou no ano 1983 para aproveitar parte do baixo como garaxe e bodega.

Como a casa non era necesaria pouco a pouco foi abandonada e o seu espazo exterior aproveitado para todo aquilo que non se tiraba.

Levabamos tempo, dende o falecemento do noso pai, con gana de recuperala. Quizais pola necesidade que sentimos de agarrarnos ao pasado o máis posible, de atarnos á terra.

Á aquela infancia chea de xente, de traballos e de vida. Para preservar o patrimonio familiar, pero tamén preservar a aldea.

Diversas dificultades, entre elas a pandemia, decidiron que non puidésemos iniciar a recuperación ata hai ben pouco.

Sen ningún tipo de axudas públicas, rematamos a primeira fase deste ilusionante proxecto. Dende o primeiro momento concibimos a reforma meticulosamente, tratando de non esquecernos de nada, cos mellores profesionais e coa máxima calidade, a que a nosa economía nos permitiu. Estamos moi orgullosos do conseguido.

Porén, o que conta é a segunda fase. Nesta, os protagonistas sodes vós, os nosos hóspedes. Desexamos que sintades na casa e en todo o espazo exterior o mimo e o cariño que nos trouxo ata aquí. Oxalá poidades gozalo tanto coma nós!

LUZ, COMODIDADE E BELEZA

A Casa

Pequena casa tradicional galega restaurada íntegramente na Ribeira Sacra. 

DESCUBRE A NOSA CONTORNA

Roteiros, vilas, riqueza etnográfica...

Déixate conquistar pola Ribeira Sacra.