A Casa do Souto da Aldea
Dispoñible todo o ano
100 m²
Ata 4 hóspedes
Totalmente equipada
O Souto da Aldea é unha vivenda de uso turística ubicada en Parada de Sil, no corazón da Ribeira Sacra.
Disfrutarás dunha casa completa de 100m² con 2 dormitorios, 2 baños, cociña, comedor e salón completamente equipados para recibir visitas durante todo o ano.
Ademáis, a casa conta cunha espectacular terraza e xardín desde onde disfrutar das vistas do Canón do Sil.
Os servizos
Xa che adiantamos que en O Souto da Aldea estarías como na propia casa.
¿Inda non nos cres? Deixámosche o desglose de todos os servizos e equipamentos que atoparás na casa durante a túa estancia.
Ademais, a casa conta con calefacción, fermosas vistas e aparcamento gratuíto.
Entrada sen chanzos ao aloxamento, camiño sen banzos ata a entrada do aloxamento.
- vitro-indución
- lavalouzas
- forno
- microondas
- neveira
- torradora
- vaixela
- tixolas
- potas de distintos tamaños
- cesta para a comida ao vapor
- cafeteira italiana e de cápsulas (admite varios tipos)
- xogo de cubertos
- copas para viño
- para cervexa e para auga
- pratos e vasos para picnic
- cesta de picnic
- champú
- xel
- papel hixiénico
- secador do pelo
- toallas
- sabas
- colcha
- cuna con roupa de cama
- prancha e táboa
- sofá
- pantalla
- zona para traballar
- calefacción
- aire acondicionado
- wifi
- caixa de primeiros auxilios

















Moito máis que unha casa para aluguer turístico
O proxecto arquitectónico da casa correu a cargo de Ana Recuna e Iñaki Mendizábal. Eles axudaronnos a conseguir que unha pequena casa, xa que partimos da estrutura que había, se convertese nunha casa chea de luz, comodidade e beleza.
A casa está repleta de detalles, obras de arte e recunchos con encanto que farán que te sintas como na túa casa.
O escultor Cándido Caneiro, Lumeares (A Teixeira), creou para O Souto da Aldea tres obras específicas:
Sete caras, fai referencia ás sete caras da pedra que denominan os canteiros (sete posicións);
Lombada, fai alusión ás ladeiras do río Sil por estas terras;
Por-tal é…cal? relaciona os vínculos, ás conexións, ás ligazóns.
Tamén forma parte da obra de Caneiro Obxecto topado e transformado, a cara no espello, unha cara fronte a outra.
O mirador do Souto da Aldea










O nome
O Souto da Aldea é o topónimo do lugar onde está construída a casa e o seu xardín. Motivo polo que decidimos que este debía ser o nome que levase.
Galicia é un país riquísimo en toponimia. Como di Xesús Ferro Ruibal:
“O home ponlle nome a todas as realidades coas que ten unha relación directa, intensa e diaria. Por iso, o feito de que en Galicia cada regueiro, cada prado, cada camiño, cada penedo, cada monte, cada fonte teña o seu nome é unha demostración de que a relación dos galegos coa natureza é sempre moi intensa. E por iso, cada nome é un documento. Ás veces, un documento moi antigo”
A toponimia, como el di, é un tesouro documental. Non podía haber mellor razón para a escolla. E sobre todo cando soubemos, grazas a información recibida por Asesoramento Lingüístico da Secretaría Xeral de Política Lingüística, previa consulta realizada por eles ao Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, de que en Galicia Nomeada só aparecen recollidos tres microtopónimos idénticos. O Souto da Aldea aparece recollido en Sarria (Lugo), en Celanova (Ourense) e o da nosa aldea.
Como chegar
Desde a meseta
Roteiros de acceso desde a meseta, Benavente: Utilizando a autovía A52 o máximo posible para evitar carreteras secundarias:
Cámara Meteo
¿QUEN ESTÁ DETRÁS DO PROXECTO?
Sobre nós
Somos catro irmáns que queremos protexer e recuperar o patrimonio dos nosos pais.
DESCUBRE A NOSA CONTORNA
Roteiros, vilas, riqueza etnográfica...
¿Aínda non sabes que visitar na Ribeira Sacra? Contámosche todos os segredos.












































