A Casa
LUZ, COMODIDADE E BELEZA
Pequena casa tradicional galega restaurada integramente en plena Ribeira Sacra.
Con dúas habitacións, dous cuartos de baño, salón e cociña completa, aerotermia, esta casiña convértese na opción ideal para gozar tanto de pequenas escapadas como de longas estancias. Con terraza, xardín e miradoiro privado á sombra de carballos, castiñeiros, bidueiros e algunha vide dende onde poder ver o río Sil.
Nunha aldea tranquila dende onde visitar o noso concello e os limítrofes sen coller o coche, grazas a súa situación privilexiada, será unha experiencia extraordinaria
O Souto da Aldea
O topónimo do lugar onde está a casa e o seu xardín da nome a propia casa, querendo así render tributo á riqueza da toponimia na nosa terra.
“O home ponlle nome a todas as realidades coas que ten unha relación directa, intensa e diaria. Por iso, o feito de que en Galicia cada regueiro, cada prado, cada camiño, cada penedo, cada monte, cada fonte teña o seu nome é unha demostración de que a relación dos galegos coa natureza é sempre moi intensa. E por iso, cada nome é un documento. Ás veces, un documento moi antigo”
Xesús Ferro Ruibal
A Ribeira Sacra
TERRA DE DIVERSIDADE
A Ribeira Sacra é un territorio senlleiro. As paisaxes que formaron ao longo do tempo os cursos dos ríos Miño e Sil son xoias xeolóxicas.