Tiñan bo tento,
puñan a ola da auga na cabeza,
que mulleres había antes,
tiñan bo pulso,
tiñan boa forza,
viñan da fonte
con aquela ola na cabeza,
e púñanse a parolar un pouco,
e coa ola da auga na cabeza,
a Dorinda de Montoedo
era capaz de traer
unha ola á cabeza
e outra na man.