Vivenda de uso turístico na Ribeira Sacra VUT-OR-000903

Os soutos

Castañas

Dos soutos aproveitábase a árbore e o froito. A árbore para madeira e leña e as castañas eran aproveitadas todo o ano, xa que eran secadas nos sequeiros.

Estas comíanse con carne, peixe, ovos, viño, leite, e tamén se facía potaxe con elas engadíndoselle chichos.

Na parroquia de Chandrexa moían as castañas e facían unha fariña que empregaban para facer unha especie de papas á que lle chamaban “o po”.

De feito aos de Chandrexa chamábanlles poeiros, alcume que non lles gustaba nada pois resultáballes un pouco despectivo.

LUZ, COMODIDADE E BELEZA

A Casa

Pequena casa tradicional galega restaurada íntegramente na Ribeira Sacra. 

¿QUEN ESTÁ DETRAS DO PROXECTO?

Sobre nós

Somos catro irmáns que queremos protexer e recuperar o patrimonio dos nosos pais.