Vivenda de uso turístico na Ribeira Sacra VUT-OR-000903

O Souto da Aldea – Rabacallos

Iniciamos a ruta pola estrada OU-0605 dirección A Teixeira e ao pasar a canalización da auga da Central do Regueiro, collemos á esquerda por un sendeiro entre viñas que nos levará ata a ruta A Fábrica da Luz – Rabacallos.

Aquí collemos cara Rabacallos por un sendeiro á beira do Sil. Primeiro entre viñas, vendo a Central do Regueiro aos nosos pés, pasando entre as casas da aldeiña do mesmo nome ata baixar á central hidroeléctrica.

Despois virán as aldeas de Porto, A Barxa e a abandoada San Fiz.

Podemos desviarnos uns metros á esquerda para tomar un grolo de auga medicinal na fonte das Augas Brancas para continuar por un precioso sendeiro ata Rabacallos.

LUZ, COMODIDADE E BELEZA

A Casa

Pequena casa tradicional galega restaurada íntegramente na Ribeira Sacra. 

¿QUEN ESTÁ DETRAS DO PROXECTO?

Sobre nós

Somos catro irmáns que queremos protexer e recuperar o patrimonio dos nosos pais.