Vivenda de uso turístico na Ribeira Sacra VUT-OR-000903

Mosteiro de Santa María de Montederramo

Mosteiro de Santa María de Montederramo

Situado no municipio de Montederramo, este templo foi fundado, posiblemente, no século X nun lugar distinto ao que ocupa actualmente, no lugar de Seoane Vello.  Pertenceu á Orde de San Bieito e posteriormente á Orde do Císter. Ata que se produciu a desamortización de Mendizabal, este templo gozou dun poderío económico e social importante. Desde o ano 1951 está considerado como un Ben de Interese Cultural.

fachada da igrexa, acabada en 1607, é un exemplo de estilo herreriano en Galicia.

O documento fundacional do Mosteiro de Santa María de Montederramo, outorgado en Allariz, o 21 de agosto de 1124 por Teresa de Portugal: “ locum qui dicitur Rouoyra Sacrata, qui est in Monte de Ramo, territorio Caldelas” ( o lugar chamado Rovoyra Sacra que se atopa en Montederramo, territorio de Caldelas) é o primeiro documento escrito no que se menciona á Ribeira Sacra.

LUZ, COMODIDADE E BELEZA

A Casa

Pequena casa tradicional galega restaurada íntegramente na Ribeira Sacra. 

¿QUEN ESTÁ DETRAS DO PROXECTO?

Sobre nós

Somos catro irmáns que queremos protexer e recuperar o patrimonio dos nosos pais.