Vivenda de uso turístico na Ribeira Sacra VUT-OR-000903

Mosteiro de San Pedro de Rocas

San Pedro de Rocas é o conxunto monacal de máis antigüidade de Galicia e o único que conserva parte da súa estrutura orixinal; unhas covas artificiais escavadas na roca que serviron de capela e cabeceira a unha igrexa medieval.

Desde o ano 1923 está considerado Monumento Histórico Nacional e en 1999 declarouse Ben de Interese Cultural.

A orixe de San Pedro de Rocas é anterior ao ano 573 e está ligado ao evanxelizador Martín de Dumio en época sueva. A principios do século VIII é abandonado debido aos ataques que sofre por parte dos musulmáns.

A orixe do mosteiro, como o da maioría dos mosteiros da Ribeira Sacra, é eremítico asociado ao comezo do cristianismo en terras galegas. O paso de orar en solitario (vida eremítica) a orar en comunidade ( vida cenobítica) é evidente neste lugar.

 

 

Fotografías: Antón Gavela –  transourensan.blogspot.com

LUZ, COMODIDADE E BELEZA

A Casa

Pequena casa tradicional galega restaurada íntegramente na Ribeira Sacra. 

¿QUEN ESTÁ DETRAS DO PROXECTO?

Sobre nós

Somos catro irmáns que queremos protexer e recuperar o patrimonio dos nosos pais.