A 36,4 quilómetros, a uns 43 minutos do Souto da Aldea, atopamos a vila de Maceda.
Na ladeira oeste da Serra de San Mamede atopamos esta vila medieval co seu castelo hoxe reconstruído e que fora destruído parcialmente na Gran Guerra Irmandiña. O interese da veciñanza por recuperar as tradicións fai que pouco a pouco festas como o Entroido sexan cada vez máis populares e participativas.
A visita do Felo ás distintas aldeas do concello ou a Baixada da Marela fan que esta festa non debamos perdela.