Vivenda de uso turístico na Ribeira Sacra VUT-OR-000903

Castro Caldelas

Castro Caldelas

A 16 quilómetros, uns 26 minutos do Souto da Aldea, atopamos a vila de Castro Caldelas. É a vila máis próxima.

En Castro Caldelas podemos atopar os servizos máis importantes: O Centro de Saúde onde se atopa o PAC (Punto de Atención Continuada), farmacia, carnicerías, peixería, varios supermercados, ferreterías, distintos comercios, restaurantes, hoteis e bares.

A vila ten unha zona histórica realmente bela, foi declarada conxunto histórico artístico en 1998. Con rúas empedradas que seguen o trazado medieval, mostrando interesantes casas de pedra con galerías e escudos. Rúas que soben ao castelo do segundo terzo do século XIV, construído polo VII Conde de Lemos.

 

Castro Caldelas é a única vila que temos na Terra de Caldelas. A zona máis antiga da vila, sobre todo as rúas que soben ao castelo dos Condes de Lemos, foi declarada Ben de Interese Cultural no ano 1998. Son rúas empedradas que seguen o trazado medieval, mostrando interesantes casas de pedra con galerías e escudos que falan dun rico esplendor medieval. Como na que naceu o escritor e político Vicente Risco, actualmente convertida en pousada.

Na noite do 19 de xaneiro, a veciñanza da vila, para honrar a San Sebastián, celebran a Festa dos Fachós. Cunha imaxe do santo feita en palla, precedida dun largo facho de ata 30 metros, realizan unha pequena procesión arredor do castelo portando longos fachos todos eles de palla.

A vila tamén destaca pola súa rica gastronomía na que destaca a tenreira de raza Caldelá, o xamón curado de porcos alimentados con castañas e sobre todo a súa famosa bica.

 

O castelo

Ao pé da Vía Nova, a antiga calzada romana entre Bracara Augusta e Asturica Augusta, atópase o castelo da vila que pertenceu aos condes de Lemos para defender os seus dominios.

Foi erixido no século XIV por D Pedro Fernández de Castro. Como a maior parte dos castelo galegos, a mediados do século XV foi destruído parcialmente durante a revolta irmandiña, e reconstruído posteriormente.

Conserva unha dobre muralla. Os seus muros son de gran grosor. A muralla exterior ten acaroadas tres torres. A muralla interior está rematada con ameas.

No século XVI refórmase en palacio cun gran salón. Nos seus muros abríronse ventás con parladoiros e construíuse un gran corredor.

Durante a guerra da Independencia, en 1809, a veciñanza préndelle lume, en represalia contra os franceses.

No século XVIII, o Condado de Lemos, pasa por parentesco de lonxe á Casa de Alba. O edificio estivo habitado ata o século XIX por Sol Stuart, parente dos Duques de Alba.

En 1991, foi cedido en usufruto ao Concello de Castro Caldelas, converténdose nun centro cultural importante na comarca. No seu interior alberga a oficina de turismo, a biblioteca municipal, o museo etnográfico e un salón de actos.

LUZ, COMODIDADE E BELEZA

A Casa

Pequena casa tradicional galega restaurada íntegramente na Ribeira Sacra. 

¿QUEN ESTÁ DETRAS DO PROXECTO?

Sobre nós

Somos catro irmáns que queremos protexer e recuperar o patrimonio dos nosos pais.