Vivenda de uso turístico na Ribeira Sacra VUT-OR-000903

As froitas

Os figos - Froitas da ribeira sacra

A froita era un produto fundamental na Ribeira. Era unha parte importante do sustento alimentario e económico das familias. Non só se vendían, senón que se trocaban por outros produtos como centeo e millo.

Empezábase a temporada cos amorodos e cereixas no mes de San Xoán. Había peras e uvas temporás no San Pedro. Seguían os figos e as brevas (béveras) temporás no mes de xullo, no que tamén continuaban as peras. En agosto chegaban algunha clase de pavías, abrideiros, claudias, pavía, pexegos, pexego, marmelos e uvas. Xa no setembro chegaban as brevas e os figos vendimos, as pavías, as mazás, os pexego e comezar as noces. No final de setembro podían empezar tamén as castañas, dependendo de como viñese o ano. As castañas recollíanse ata o San Martiño, despois desta data pasaban aos soutos os larengos (larego), que serían os futuros porcos que matarían ao ano seguinte, e as ovellas para aproveitar as que quedasen.

Como se pode comprobar unhas terras riquísimas, pero a algúns non lles daba para comer, sobre todo porque non tiñan case terras.

LUZ, COMODIDADE E BELEZA

A Casa

Pequena casa tradicional galega restaurada íntegramente na Ribeira Sacra. 

¿QUEN ESTÁ DETRAS DO PROXECTO?

Sobre nós

Somos catro irmáns que queremos protexer e recuperar o patrimonio dos nosos pais.