Vivenda de uso turístico na Ribeira Sacra VUT-OR-000903

Aldea de San Lourenzo

O camiño á aldea de San Lourenzo dende O Souto da Aldea é un paseo curto e bonito. Pero tamén podes ir en coche, dando un rodeo de 2,6 quilómetros, uns 6 minutos.

Atópase a 600m de altura cunha vista impresionante sobre o val do Sil e do Mao. Foi unha vila medieval importante. Mostra diso son os escudos e motivos decorativos en distintas construcións ou os topónimos Casa do cárcere ou A Torre.

LUZ, COMODIDADE E BELEZA

A Casa

Pequena casa tradicional galega restaurada íntegramente na Ribeira Sacra. 

¿QUEN ESTÁ DETRAS DO PROXECTO?

Sobre nós

Somos catro irmáns que queremos protexer e recuperar o patrimonio dos nosos pais.