A 7,5 quilómetros, uns 15 minutos do Souto da Aldea, atopamos A Teixeira.
A Teixeira é un concello que coma o noso, Parada de Sil, está tratando de recuperar poboación. Algunha xente está abandonando as grandes urbes e buscando aldeas como as nosas.
A Teixeira tamén ten unha vistas espectaculares cara o canón do Mao e do Sil, pero tamén o val cara o río Edo.
De camiño, podemos parar na aldea de Cristosende ( a 5km do Souto da Aldea), unha aldea que pouco a pouco vai medrando e cunha vista da posta de sol espectacular.