Vivenda de uso turístico na Ribeira Sacra VUT-OR-000903

Castelo de Castro Caldelas 2025

Cando?

– 🙋Visitas guiadas ao Castelo de Castro Caldelas: as datas deben ser consultadas na recepción. Horario ás 11:00h e ás 18:00h e o prezo son 5€/pax (excepto menores de 10 anos que é gratis).

– 🍷Catas de viño ó Castelo: unha actividade que iniciamos este ano e que continuaremos en colaboración coas adegas participantes. Iremos anunciando cada semana os viños que se degustarán e as adegas que colaboraron nesta iniciativa. O prezo son 15€/pax e realízase os sábados ás 12:30h. É obrigatoria reserva e a actividade realízase con grupo mínimo.

-🏰 Visita guiada ao casco antigo: unha nova actividade piloto que probaremos, na que se acompañará ós visitantes no seu percorrido polas rúas que rodean ao castelo. Non inclúe a entrada ao castelo. O prezo son 5€/pax e realízase os xoves ás 11:00h.

– 🧘Taller de Ecoioga: realizaremos ioga no Castelo de Castro Caldelas. A primeira data é o 23 de xullo ás 20:30h e o prezo son 7€/pax.
cartel cata viños catelo verán 2025 - IG

ecoioga verán 2025 - IG

Visitas guiadas castelo verán 2025 - IG

Visitas guiadas vila verán 2025 v2 - IG

LUZ, COMODIDADE E BELEZA

A Casa

Pequena casa tradicional galega restaurada íntegramente na Ribeira Sacra. 

¿QUEN ESTÁ DETRAS DO PROXECTO?

Sobre nós

Somos catro irmáns que queremos protexer e recuperar o patrimonio dos nosos pais.